• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Intercambio sobre a recolección de algas

CETMAR organiza un novo
intercambio de experiencias entre persoal técnico de República Dominicana, Costa
Rica e Galicia centrado na recollida do sargazo

  • O obxectivo da actividade, enmarcada no proxecto PreMiSa, é a transferencia de coñecementos sobre os sistemas de recolección de algas utilizados en Galicia e as posibilidades de adaptación a ambos países

O Centro Tecnolóxico do Mar ven de organizar un novo intercambio de
experiencias entre persoal técnico de República Dominicana, Costa Rica e Galicia
(España), que terá lugar do 31 de agosto ao 4 de setembro, e que nesta ocasión
estará centrado nos sistemas de recolección de algas en Galicia.

Este intercambio é o segundo que desenvolve CETMAR no marco do proxecto PreMiSa
“Mecanismos de Prevención e Mitigación das arribazóns de Sargazo en Costa Rica e
República Dominicana mediante o fortalecemento da gobernanza e a investigación”.
O primeiro tivo lugar no mes de maio e permitiu a outros cinco expertos intercambiar
experiencias sobre o análise, tratamento e valorización do sargazo.

PreMiSa está financiado polo  Programa Rexional de Medio Ambiente e Cambio Climático da Cooperación Española en América Latina e o Caribe (ARAUCLIMA) e coordinado polo Centro de Investigación en Ciencias del Mar y Limnología de la Universidad de Costa Rica (CIMAR). CETMAR actúa como consultoría especializada para a realización de actividades en Galicia e en materia de innovación tecnolóxica.

O obxectivo da actividade de intercambio que se vai celebrar é a transferencia de coñecementos entre persoal técnico de República Dominicana, Costa Rica e España, coa finalidade de desenvolver equipamentos innovadores para a recollida do sargazo en terra e no mar, especificamente deseñados para este fin, cun alto rendemento, costes asumibles e baixo impacto ambiental.

Neste sentido, Galicia conta cunha ampla experiencia no deseño e posta en marcha de mecanismos innovadores para a recollida de algas de arribazón. Para esta transferencia de coñecementos, CETMAR conta coa participación da Lonxa de Campelo, que xa puxo en práctica varias iniciativas para dar solución á problemática da arribazón de algas nas áreas das confrarías coas que traballa.

En base aos resultados obtidos a raíz deste intercambio, as institucións socias do proxecto PreMiSa traballarán no deseño e construción dunha mellora tecnolóxica, fomentando a incorporación de tecnoloxías innovadoras de recolección do sargazo, sostibles e amigables co medio ambiente, e que permitan unha valorización posterior óptima e adaptada ás condicións de República Dominicana, que é onde se propón a súa  aplicación.

Unha visita ao Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR na mañá do próximo luns 31 de agosto suporá o inicio do programa previsto, que se prolongará ata o venres 4 de setembro e que, ademais do intercambio de coñecementos na lonxa de Campelo, incluirá visitas a outras confrarías e a empresas relacionadas coa temática do intercambio, como Ecocelta e Demaux Manufacture.