Servizos
A confraría dispón dunha infraestrutura e servizos que teñen como obxectivo mellorar e facilitar, aos seus socios, o proceso produtivo pesqueiro e velar pola sustentabilidade do sector.
Dentro da oferta asistencial que a Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño presta aos seus asociados inclúense:
- Asesoramento lexislativo: normativa, dereitos, deberes,...etc.
- Asesoramento administrativo: bolsas, subvencións,...etc.
- Portelo único da administración pública: rexistro e envío de documentación.
- Información sobre Plans de Explotación Específicos.
- Xestión das ventas diarias durante a poxa na lonxa.
- Intermediación entre produtores e compradores ( Facturación).
- Xestión das obrigas fiscais derivadas da actividade económica: retencións para o pago do I.V.E.,...etc.
- Tramitación de licenzas de pesca profesionais.
- Xestión das cotizacións á seguridade social.
Instalacións e Equipamento:
- Vehículo propio.
- Lanchas de vixilancia.
- Caixas de servizos hixiénicos.
- Cámaras frigoríficas.
- Transporte isotérmico.
- Camión grúa.
- Carretillas elevadoras para carga e descarga.
- Maquinas clasificadoras de bivalvos.