• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Galicia recibe a una delegación institucional de Honduras

Galicia recibe
a una delegación institucional de Honduras para intercambiar experiencias no
sector marisqueiro

  • A visita
    forma parte da asistencia técnica que CETMAR presta no país americano para
    reforzar competencias no sector marisqueiro.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025 – O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) recibe entre o 8 e o 12 de setembro unha delegación institucional de Honduras, no marco da asistencia técnica que o centro presta a Enxeñeiros Sen Fronteiras Galicia para o fortalecemento das capacidades das institucións con competencias no sector marisqueiro no Golfo de Fonseca. Honduras é considerado un país estratéxico para a Cooperación Galega pola súa ligazón histórica e pola tradicional presenza e labor desenvolto polos axentes galegos de cooperación neste Estado.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0004-300x22... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0004-768x57... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0004.jpg 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />

A delegación hondureña está composta por seis persoas con experiencia en programas de desenvolvemento e xestión de recursos acuáticos. Representantes da Universidade Nacional Autónoma de Honduras (UNAH-Choluteca), o Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF) e a Dirección Xeral de Pesca de Honduras (DIGEPESCA)

Durante a súa estadía
en Galicia os participantes manterán reunións e visitas técnicas con expertos e
entidades do sector pesqueiro e marisqueiro. 
Serán recibidos na Consellería
do Mar da Xunta de Galicia, onde coñecerán a
experiencia galega na
ordenación e control da pesca e o marisqueo, e na Subdirección Xeral
de Cooperación Exterior
. A través desta visita técnica de
intercambio preténdese trasladar a experiencia acumulada en Galicia para a
regulación, organización e profesionalización do sector marisqueiro e, ademais,
intercambiar experiencias e información sobre cuestións actuais que están a
afectar ao marisqueo no Golfo de Fonseca, como é o caso de eventos de alta
mortalidade de moluscos, do mesmo xeito que acontece aquí en Galicia.

O programa complétase con visitas a lonxas, cofradías e empresas comercializadoras de peixe e marisco. O obxectivo é coñecer de primeira man a actividade diaria no sector, así como experiencias na promoción do turismo mariñeiro e coñecer os sistemas de trazabilidade e etiquetado dos produtos. CETMAR acompañará á delegación en todas as actividades e facilitará o intercambio coas entidades galegas participantes.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0002-300x22... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0002-768x57... 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Visita á plaza de abastos de Bueu

Ademais das visitas, a axenda inclúe varias sesións de traballo. A primeira é un intercambio de experiencias sobre a mortalidade de moluscos en Galicia y Honduras, un encontro para a valoración dunha posible colaboración entre universidades galegas e hondureñas, orientada a reforzar a formación e a investigación vinculadas ao sector marisqueiro.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0003-300x22... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/IMG-20250910-WA0003-768x57... 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Visita á depuradora Islas Cíes

Tamén está prevista
unha reunión de traballo cunha investigadora
do Centro Oceanográfico da Coruña
na que se valorarán as posibilidades de
avaliación de pesquerías pobres en datos e se proporán modelos e técnicas.

Esta visita enmárcase no
proxecto “Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira de grupos de
mulleres no sur de Honduras, Fase 2”, financiado por Cooperación Galega e
liderado por Enxeñeiros sen Fronteiras.
O obxectivo do proxecto é mellorar
a autoxestión dos grupos para a obtención de ingresos a través da actividade
marisqueira, así como fortalecer a gobernanza do sector, de cara a unha mellor
sustentabilidade nun sentido amplo.

No marco deste
proxecto, o CETMAR colabora tecnicamente para establecer procesos de
xeración e xestión do coñecemento
para a recuperación e sustentabilidade do
recurso marisqueiro no Golfo de Fonseca, así como o fortalecemento das
capacidades dos titulares de obrigas (TTOO) con competencias no sector
marisqueiro.

Segundo Nacións
Unidas, no ano 2025 Honduras ten un Índice de Desenvolvemento Humano de 0,645,
o que o sitúa na posición 139 entre 193 países a nivel mundial e como un dos
países de menor IDH de América Latina. É por iso que Honduras continúa a ser
un dos países prioritarios de actuación no marco do V Plan Director da
Cooperación Galega 2023-2026.