• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Centro de formación A Aixola

A Aixola inicia un novo curso con sesenta persoas
matriculadas e proxectos internacionais

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-1-300x225.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-1-768x576.jpg 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />

  • O Centro de Formción A Aixola oferece formación gratuita nas áreas de construción naval, artes e aparellos, velería e mecánica.

O Centro de Formación da
Aixola, dependente da Consellería do Mar e xestionado polo CETMAR, vén de
iniciar un novo ciclo de cursos que se desenvolverán ata o mes de decembro, con arredor de sesenta persoas matriculadas en catro áreas do centro. Todos os cursos
da Aixola impártense en instalacions cedidas pola Autoridade Portuaria de Marín
e Ría de Pontevedra e están cofinanciadospolo  Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro
e de Acuicultura (FEMPA), polo que son
gratuítos para os participantes.

Unha das novidades máis importantes deste trimestre será a implicación do alumnado no  programa FISH4ACP da FAO, un proxecto de cooperación internacional liderado polo CETMAR que busca mellorar a sustentabilidade da pesca e a acuicultura en África, Caribe e Pacífico. Colaborará nel o alumnado do curso en Laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e en construción naval, que está a adquirir destrezas no uso de diferentes tipos de resinas; e o de Restauración de embarcacións menores, apoiando a construción do modelo de fibra e elaborando doutra embarcación en contrachapado mariño.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-2-225x300.jpg 225w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-2.jpg 1200w" sizes="(max-width: 768px) 100vw, 768px" />

Os resultados de ambas formacións
se extenderán posteriormente a São Tomé e Príncipe, onde persoal experto
de CETMAR impartirá talleres con carpinteiros e profesionais locais en fibra e
madeira, culminando na construción final das dúas embarcacións. Ademais,
técnicos da Aixola colaborarán en pequenas formacións no país africano sobre
reparación e mantemento de equipos de pesca, redes e motores, orientadas a
fortalecer as competencias de pescadores e mulleres comerciantes (palaiês).

Outro dos cursos relevantes que acaba de comezar é o que conduce á obtención do Certificado de Profesionalidade en Confección e mantemento de artes e aparellos, sendo o CF A Aixola o único centro de Galicia homologado permanentemente para impartilo. Trátase dun certificado de nivel 2 que responde á demanda das asociacións de redeiras, que ven nesta formación unha ferramenta clave para garantir o relevo xeracional no sector.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-1-300x169.jpeg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/2025_A-Aixola-1-768x432.jpeg 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />

A construción en
madeira
continúa a ser un piar esencial en Aixola. O centro mantén viva a
tradición da carpintería de ribeira, recoñecida como Ben de Interese
Cultural do Patrimonio Inmaterial
desde 2017. En Aixola combínanse as
técnicas clásicas coa innovación, conservando embarcacións e materiais mentres
se promoven novas formas de entender a construción naval.

A oferta formativa péchase
co curso de Mecánica básica naval para embarcacións menores, que integra
un módulo de 40 horas de soldadura e rexistrou máis de cincuenta preinscricións
para doce prazas. Así mesmo, está en marcha o curso de Velería e acastillaxe,
valorado tanto por profesionais do mantemento naval como por afeccionados ao
mundo da vela. Nesta formación o alumnado aprende a deseñar, confeccionar e
instalar diferentes tipos de velas, desde as tradicionais das dornas ata as
elaboradas con novos materiais como as de windsurf.