• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Plan de Igualdade

CETMAR presenta o seu Plan de Igualdade
ante a plantilla

  • O novo Plan de Igualdade de CETMAR, presentado o 30 de xaneiro, transforma a análise da realidade interna en medidas concretas para avanzar en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dentro da empresa.
  • Consulta o Plan de Igualdade 2025-2029

Traballadoras de CETMAR, xaneiro 2025

O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) presentou o pasado venres 30 de xaneiro ante a súa plantilla o seu novo Plan de Igualdade, un documento que define as liñas de actuación para os vindeiros catro anos co obxectivo de seguir avanzando na igualdade efectiva entre mulleres e homes no ámbito laboral.

O plan parte dunha diagnose interna que ofrece unha visión xeral da
situación do centro en termos de composición da plantilla, contratación,
formación, conciliación e organización do traballo. Trátase dunha fotografía
fixa que serve como punto de partida técnico para identificar ámbitos de
mellora e deseñar medidas adaptadas á realidade da organización. A partir desta base, o Plan de Igualdade céntrase en propoñer accións de
mellora continua a implantar.

Un dos eixos destacados é a incorporación da igualdade nos procesos de selección, mediante a elaboración dun manual de boas prácticas e o compromiso de garantir a igualdade desde o inicio. Incorporarase a integración de criterios de igualdade desde a acollida do persoal. A día de hoxe, a plantilla de CETMAR está claramente feminizada, cun 75% de mulleres. Das 52 persoas traballadoras no centro, 39 son mulleres e 13 homes.

O plan aposta tamén por reforzar a formación, tanto en igualdade como en prevención do acoso e respecto á diversidade, con accións dirixidas a toda a plantilla e con especial atención aos postos de responsabilidade. A prevención do acoso e dos casos de violencia de xénero, así como o incremento da saúde laboral son os principais obxectoivos destas medidas. Neste sentido, actualízanse tamén os protocolos internos e intégrase a perspectiva de igualdade na avaliación do clima laboral, a través da realización dunha enquisa específica.

A conciliación da vida persoal, familiar e laboral constitúe outro
dos grandes fitos do Plan de Igualdade. Incorpóranse medidas de flexibilización
horaria, mellora e ampliación de permisos e a habilitación dun espazo adecuado
a persoas embarazas e mulleres lactantes. Tamén se prevén accións de difusión
para garantir que toda a plantilla coñeza e poida facer uso destes dereitos en
condicións de igualdade.

Por último, o plan inclúe actuacións orientadas a promover unha comunicación
e linguaxe inclusivas
, coa revisión da documentación institucional e
accións de sensibilización que contribúan a consolidar unha cultura
organizativa baseada no respecto e na igualdade de oportunidades.