• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Xira Galicia El Salvador

Galicia comparte o seu modelo de xestión marisqueira
con profesionais e mandatarios de El Salvador

  • Unha delegación de El Salvador visita Galicia para coñecer a experiencia galega en xestión pesqueira
  • O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR acompañará do 26 ao 30 de xaneiro a unha delegación institucional de El Salvador nunha visita técnica a Galicia centrada no intercambio de experiencias en xestión e ordenación pesqueira, con especial atención á regulación do sector marisqueiro.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2026/01/20260126_ElSalvador-4-300x... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2026/01/20260126_ElSalvador-4-768x... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2026/01/20260126_ElSalvador-4.jpeg 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR acompañará do 26 ao 30 de
xaneiro a unha delegación institucional de El Salvador nunha visita técnica a
Galicia orientada ao intercambio de coñecementos e experiencias en materia de
xestión, ordenación e gobernanza pesqueira, con especial atención ao sector
marisqueiro.

A delegación, integrada por catro persoas, está composta por
representantes da Dirección General de Desarrollo de la Pesca y la Acuicultura
(CENDEPESCA), do Comité Directivo do Fideicomiso PESCAR e da Confederación
Salvadoreña de Pesca, Acuicultura y Agropecuaria en Pequeña Escala (CONFESPESCA
de R.L.).

A visita enmárcase no servizo técnico promovido pola Asociación para a
Cooperación pola Paz (ACPP) “Deseño e implementación dunha xira internacional
de intercambio en Galicia, para coñecer experiencias relevantes en xestión e
ordenación pesqueira”, coordinado e desenvolvido por CETMAR, e impulsado polo
Programa Abraza tu Mar, que nace como continuidade do Plan Integral de Apoio ao
Sector da Pesca Artesanal Salvadoreña, financiado por la Xunta de Galicia desde
2019, que ao mesmo tempo se enlaza coa estratexia da AECID no marco do Convenio
Manos que Alimentan.  

O obxectivo desta visita é promover unha visión compartida sobre sustentabilidade, inclusión social e fortalecemento institucional no ámbito pesqueiro artesanal. O programa está especialmente focalizado na mellora da regulación do sector marisqueiro en El Salvador, a partir do coñecemento de modelo galego.

Ao longo da semana, a delegación salvadoreña manterá encontros con
diferentes entidades públicas e privadas vencelladas á cadea mar-pesca. As actividades previstas inclúen encontros coa directiva de CETMAR e a
Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O programa complétase con visitas a confrarías de pescadores e lonxas,
onde se abordarán aspectos como a organización do marisqueo, os procedementos
de control e venda, a trazabilidade e a valorización do produto; a empresas da
cadea de valor pesqueira e da transformación, para coñecer experiencias en
manipulación, elaboración e comercialización; así como a iniciativas vinculadas
á conservación e restauración de bancos marisqueiros, á cultura marítima e ao
turismo pesqueiro como ferramenta de diversificación económica.

Ademáis, o programa da visita incorpora aspectos relacionados coa innovación
tecnolóxica a partir do deseño e construción de embarcacións, adaptadas ás
necesidades do sector pesqueiro artesanal de El Salvador.  

Con esta acción, CETMAR reafirma, a través da área de Cooperación
Internacional, o seu papel como entidade de referencia na cooperación técnica,
facilitando espazos de transferencia de coñecemento e contribuíndo ao
fortalecemento das capacidades institucionais e sectoriais en países socios.