Avances do proxecto APROMEX
APROMEX presenta novas ferramentas para o seguimento
do mexillón
- A Consellería do Mar, a través do CETMAR, impulsa novas solucións tecnolóxicas para o seguimento da mexilla.
- O 19 de novembro o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) acollerá no Auditorio Valle Inclán de Vilanova de Arousa unha xornada na que se presentarán os últimos avances técnicos, novas ferramentas dixitais e actuacións complementarias impulsadas pola Consellería do Mar e o CETMAR para fortalecer o sector acuícola galego.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/APROMEX-2-300x225.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/APROMEX-2-768x576.jpg 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
O proxecto APROMEX dá un novo paso adiante na mellora do coñecemento e xestión do mexillón galego. O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) acollerá o vindeiro 19 de novembro de 2025 a xornada Avances do proxecto APROMEX, organizada polo propio CIMA e o Centro Tecnolóxico do Mar CETMAR. O encontro servirá para presentar os progresos máis recentes do programa e outras iniciativas impulsadas pola Consellería do Mar no ámbito da acuicultura e do estudo do mexillón nas rías galegas.
Durante a sesión exporanse os resultados da precampaña 2025–2026, que
permiten avaliar a cobertura e densidade de mexilla nas principais zonas
produtoras. Estes datos resultan fundamentais para planificar con antelación a
vindeira campaña de extracción.
Un dos puntos destacados desta edición será a presentación dos traballos realizados no sistema long-line, desenvolvidos na Ría de Muros e Noia, co obxectivo de testar novos métodos de captación de mexilla no medio natural e avaliar a súa viabilidade.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/apromex-1-1-300x225.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/11/apromex-1-1-768x576.jpg 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
O proxecto tamén incorpora ferramentas dixitais innovadoras, como o visor
da densidade larvaria de mexilla, que permiten consultar en tempo real e a presenza
larvaria nas rías galegas. Estas aplicacións contribúen a mellorar a
planificación e eficiencia da actividade produtiva.
A Consellería do Mar dará a coñecer na mesma xornada outras iniciativas
complementarias. Entre elas, a nova versión da aplicación MOVTIC, que
simplifica a xestión documental vinculada á actividade acuícola; o proxecto
BATEAS, centrado na análise das condicións ambientais que inflúen na
produtividade do mexillón; e a iniciativa CAPACITAMEX, que promove encontros
coas asociacións de produtores para compartir avances técnicos e fomentar a
transferencia de coñecemento entre administración e sector.
A cita, que se celebrará a partir das 16:00 horas na Casa da Cultura. Auditorio Valle Inclán (Vilanova de Arousa), incluirá espazos de debate e intercambio de impresións entre
profesionais do sector, investigadores e representantes institucionais.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal
- Original Comments






