• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Capacitación Perú

CETMAR impulsa no Perú a mellora da produción de semente e o fortalecemento das capacidades técnicas dos seus acuicultores

  • O proxecto MAR de Piura está financiado por Cooperación Galega e desenvolvido por CETMAR en coordinación con PRODUCE, FONDEPES e as Organizacións Sociais de Pescadores e Acuicultores (OSPAS) de Sechura.
  • A primeira capacitación desenvolverase do 1 ao 5 de decembro no Centro de Acuicultura La Arena, en Casma, Perú.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/08/mar-de-piura-concha-de-aba... 225w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/08/mar-de-piura-concha-de-aba... 810w" sizes="(max-width: 768px) 100vw, 768px" />
Concha de abanico

O Centro
Tecnolóxico do Mar–Fundación CETMAR, no marco da política de Cooperación Galega
da Xunta de Galicia, impulsa en Perú o proxecto MAR de Piura, unha iniciativa
de cooperación internacional orientada a incrementar a sustentabilidade da
cadea de valor asociada ao medio pesqueiro e acuícola na rexión de Piura. O
programa desenvólvese en coordinación co Ministerio da Produción de Perú
(PRODUCE) e co Fondo Nacional de Desenvolvemento Pesqueiro (FONDEPES), co
obxectivo de fortalecer as iniciativas empresariais situadas na Baía de Sechura
e reforzar os mecanismos de gobernanza para aumentar a súa capacidade de
adaptación fronte aos efectos do cambio climático.

O
proxecto estrutúrase arredor de tres grandes liñas de traballo. A primeira
céntrase na mellora da cadea produtiva da cuncha de abanico na Bahía de
Sechura, mediante o reforzo das capacidades técnicas das OSPAS para a produción
e manexo de semente en laboratorio, o que permitirá avanzar cara sistemas de
cultivo máis eficientes e resilientes fronte aos efectos do cambio climático.

A segunda
liña orientase ao fortalecemento dos procesos de comercialización liderados por
mulleres, apoiando a súa profesionalización co fin de reducir a súa
vulnerabilidade no plano económico. Finalmente, a terceira liña de traballo
céntrase no reforzo institucional, promovendo a capacitación do persoal técnico
das entidades públicas vinculadas á acuicultura e ao turismo mariñeiro, así
como o impulso de espazos de coordinación que permitan formular modelos de
produción e iniciativas de turismo vivencial coherentes coa conservación
ambiental e coa diversificación económica da rexión.

Primeira acción do proxecto: capacitación técnica
para OSPAS en Casma do 1 ao 5 de decembro

Como primeiro fito operativo da intervención, entre os días 1 e 5 de decembro celebrarase unha capacitacón intensiva dirixida a técnicos das OSPAS sobre protocolos de mantemento, limpeza e optimización do ciclo produtivo da cuncha de abanico en fase de hatchery e pre-engorde.  Esta acción busca reducir a dependencia da captación natural, cada vez máis afectada polo cambio climático.

Participarán representantes das OSPAS AREMAR, Sec Yurac e Aquaseed asi como estudantes do Instituto Ricardo Ramos Plata de Sechura, seleccionadas polo seu alto interese en avanzar cara un sistema máis sostible de aprovisionamento de semente.

Ao longo das sesións, os participantes profundizarán na selección e acondicionamento de reprodutores, no cultivo de fitoplancto e no control sistemático da calidade da auga. Tamén se afondará nos protocolos de limpeza, desinfección e prevención sanitaria, así como nas técnicas de manexo e manipulación de larvas e sementes.

Outro dos aspectos importantes a traballar é a protocolización das distintas etapas do cultivo en laboratorio e o correcto rexistro e análise dos datos produtivos, co obxectivo de asegurar procesos máis eficientes e estandarizados.

Actualización álbum fotográfico da formación:

Día 1 – Inicio e benvida á formación

Día 2 – Parte práctica de cultivos de microalgas

Cultivo masivo en bombonas con sistema batch

Día 3 – Salido a mar para obtener los reproductores de cultivo suspendido y fondo.

Día 4 – Visita a Acuapesca primera empresa en Perú de concha de abanico.

Clases en la estación La arena. Cultivo de microalgas en placas.

Día 5 – Armado de chululos colectores en Hatchery

Muestreo de fitoplancton