• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Programa de Ciencias Mariñas

O Programa de Ciencias Mariñas encara o seu pehe apostando pola continuidade da cooperación científica

  • A fase final do programa abre un proceso de reflexión sobre como manter viva a rede científica creada arredor do mar en Galicia.
  • A continuidade do programa, que conta con financiamento da Consellería do Mar, pasa, entre outras vías, pola creación dun Foro de Reflexión Científica sobre as ciencias mariñas de Galicia

O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, unha das iniciativas máis
ambiciosas de investigación e innovación arredor do mar desenvolvidas na
comunidade nos últimos anos, afronta a súa fase final coa vontade de preservar
e reforzar a rede de cooperación científica e técnica xerada durante a súa
execución. Con este obxectivo, o equipo de coordinación do programa reuniuse
este martes no Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar para reflexionar
sobre o seu impacto e sobre as vías para dar continuidade ao esforzo colectivo
impulsado desde Galicia.

Enmarcado nos Plans Complementarios do Ministerio de Ciencia e
Innovación, no contexto do Mecanismo de Recuperación e
Resiliencia (Next Generation EU), o
Programa de Ciencias Mariñas de Galicia forma parte do Programa Conxunto de
Ciencias Mariñas estatal, no que colaboran Galicia, Andalucía, Cantabria, a
Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana. A
Consellería do Mar de Galicia financiou as competencias de coordinación de
CETMAR con 4.000.000 €.

Desde 2022, o programa permitiu artellar o ecosistema científico-técnico
galego vencellado ao mar, a través da colaboración entre universidades, centros
de investigación, institutos tecnolóxicos e administracións públicas, e
mediante un diálogo continuo co sector mariño e costeiro. O obxectivo é
despregar unha estratexia coordinada de investigación e innovación para
afrontar retos clave como o seguimento e a observación do medio mariño, o
cambio climático, a acuicultura e outros ámbitos da economía azul. En total, participaron
363 persoas investigadoras e técnicas,
pertencentes a 82 grupos de
investigación de 13 institucións.

Os resultados acadados concrétanse en 184 solucións e avances
científico-técnicos, con aplicación directa ou potencial na xestión sustentable
do medio e dos recursos mariños. Un dos elementos máis destacados do programa
foi a súa contribución ao fortalecemento do capital humano. 117 persoas foron
contratadas directamente, incorporando novos doutores e doutoras que
traballaron de xeito colaborativo e interinstitucional, unha experiencia que se
agarda que teña continuidade nas dinámicas futuras de cooperación científica en
Galicia.

Durante a reunión celebrada no Cetmar, as persoas responsables da
coordinación coincidiron en sinalar que un esforzo desta envergadura non
debería esmorecer unha vez finalizado o programa. O traballo en rede
desenvolvido ao longo destes tres anos contribuíu a un sistema máis eficiente,
capaz de responder ás necesidades do país sen renunciar á investigación
fundamental, cuxos resultados poderán materializarse a medio e longo prazo.

Diante da incerteza actual sobre os mecanismos de financiamento que
permitan manter tanto os traballos como a propia estrutura de colaboración, os
participantes asumiron o compromiso de volver a xuntarse a curto prazo para
deseñar, como legado do programa, a creación dun Foro de Reflexión Científica sobre as
ciencias mariñas de Galicia. Este foro concíbese como un espazo de carácter
consultivo e de coordinación que facilite o intercambio sistemático de
información entre especialistas, a planificación de accións conxuntas e a
preparación de respostas coordinadas a convocatorias estratéxicas, co obxectivo
de captar recursos que permitan dar continuidade e reforzar os vínculos entre a
comunidade investigadora e o resto das organizacións con intereses no mar, promovendo
unha relación sustentable co medio mariño e cos seus recursos.