• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

Aquaculture Europe

A directora de Cetmar participa en Aquaculture Europe 2025, o maior congreso europeo de acuicultura

  • A
    directora de CETMAR, Rosa Chapela, participa esta semana en Aquaculture Europe
    2025, en Valencia. Intervirá na mesa redonda “Attracting new talents in
    aquaculture” e modera unha sesión sobre economía.

https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/20250924_CetmarAquaculture... 225w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/09/20250924_CetmarAquaculture... 1200w" sizes="(max-width: 768px) 100vw, 768px" />
Rosa Chapela na intervención do mércores 24

A directora do Centro Tecnolóxico do Mar CETMAR,
Rosa Chapela, participa esta semana en Aquaculture Europe 2025, un evento que
se celebra no Palacio de Congresos de Valencia ata o xoves 25 de setembro e que
reúne a profesionais da acuicultura de máis de 70 países.

Baixo o lema “Aquaculture for Everyone”, o
congreso aborda cuestións clave como a sustentabilidade ambiental, a
rexeneración dos sectores primarios e o desenvolvemento do capital humano. Un
dos seus obxectivos é reforzar o papel da acuicultura como elemento estratéxico
na seguridade alimentaria global. 
Trátase do maior evento celebrado nunca no Palacio de Congresos de
Valencia e combina sesións científicas, foros sectoriais, obradoiros de
innovación e actividades específicas para estudantes,

Rosa Chapela intervirá o mércores 24 de setembro
na mesa redonda “Attracting new talents in aquaculture”, xunto a representantes
de centros de investigación, asociacións e empresas líderes do sector. O debate
centrarase nos desafíos da industria relacionados coa atracción e retención de
talento, a remuda xeracional e o avance en materia de igualdade de xénero,
analizando como a diversidade e a inclusión poden impulsar a innovación e a
resiliencia do sector.

O xoves 25, Chapela actuará como moderadora na sesión Market &
Value Chain Economics, xunto ao profesor noruegués Ragnar Tveterås. Trátase
dunha das poucas sesións do congreso que aborda especificamente a dimensión
económica e de mercados dos produtos da acuicultura, un ámbito clave para
garantir a viabilidade do sector.

A organización convidou á directora do CETMAR a
coordinar esta sesión con antelación, apoiando na procura de contribucións e
presentacións orais que permitisen dar forma a este espazo de debate. O
programa inclúe intervencións sobre temas tan relevantes como o marco regulador
da acuicultura na UE, as tendencias na cadea de valor da acuicultura e a súa
competitividade e o papel da economía azul como motor de novas oportunidades de
negocio en acuicultura.

Con esta dobre participación no congreso Rosa
Chapela reforza a visibilidade da acuicultura galega nun dos foros
internacionais máis relevantes para o futuro da acuicultura.