Rede Española de Grupos de Pesca
GALICIA COMPARTE EN MADRID OS SEUS AVANCES NO DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO DAS COMUNIDADES COSTEIRAS

A directora xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e a directora xerente do Cetmar,
Rosa Chapela, participaron este martes na sesión técnica da Rede Española de
Grupos de Pesca (Regp), onde todas as comunidades autónomas deron conta da evolución
e desenvolvemento dos proxectos impulsados polos Grupos de Acción Local do
Sector Pesqueiro (Galp) como axentes dinamizadores da economía litoral en
Galicia.
No transcurso da xuntanza, as
representantes da Consellería do Mar, detallaron que este entes, creados polo
departamento que dirixe Marta Villaverde, impulsan 160 proxectos no litoral
galego por valor de 9,7 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo
Marítimo de Pesca e de Acuicultura (Fempa) 2021-2027. A este respecto, destallaron que o 60% destas
iniciativas son destinados a actividades sen fins de lucro e o 40% restante a
actividade económica, que mobilizan en conxunto un investimento privado de 6,1
millóns de euros.
Trátase de accións que permiten
afondar na colaboración público-privada impulsando o desenvolvemento económico
e competitividade de Galicia, cun impacto singular nas comunidades costeiras.
Supoñen a creación de 70 empregos a tempo completo e abordan ámbitos como o
aproveitamento do patrimonio cultural e medioambiental das zonas pesqueiras, a
innovación e promoción da produción e subministro de produtos da pesca e da
acuicultura ou o fomento da economía azul, entre outros. En Galicia existen 8
Galp que aglutinan a máis de 400 organizacións locais, que representan a máis
de 13.000 profesionais do mar.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal
- Original Comments






