Chile
CETMAR COLABORA EN CHILE NA DEFINICIÓN DA METODOLOXÍA PARA MEDIR O CONSUMO DE PRODUTOS DO MAR
- O coordinador da área de Socioeconomía do Cetmar, Jose Luis Santiago, leva a súa experiencia a Chile para coñecer e mellorar o consumo de peixe por habitante.
- O Goberno chileno busca aumentar o consumo de peixe a 20kg por habitante e ano en 2027
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ab5dee06-10a0-4e1e-9dab-7e... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ab5dee06-10a0-4e1e-9dab-7e... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ab5dee06-10a0-4e1e-9dab-7e... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Jose Luis Santiago, coordinador da área de Socioeconomía do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), participou no taller de revisión e validación metodolóxica do consumo per cápita de produtos do mar en Chile, que busca establecer unha metodoloxía para coñecer o cosumo per cápita e ano de productos do mar en Chile. O encontró celebrouse en Viña del Mar os días 1 e 2 de outubro.
A iniciativa, organizada polo Instituto de
Fomento Pesquero (IFOP) a petición da Subsecretaría de Pesca e Acuicultura de
Chile (SSPA), buscou reforzar os procedementos estatísticos que permiten
calcular canto peixe e marisco come a poboación chilena. Este indicador, de
carácter estratéxico para as políticas públicas, forma parte dos compromisos do
Goberno de Chile para incrementar o consumo nacional de produtos do mar ata os
20 kg por habitante e ano en 2027.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ea83cda7-6a26-4744-bff4-2f... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ea83cda7-6a26-4744-bff4-2f... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/ea83cda7-6a26-4744-bff4-2f... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
No encontro participaron organismos de prestixio
internacional como a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a
Agricultura (FAO), referente mundial en seguridade alimentaria, o Observatorio
Europeo do Mercado dos Produtos da Pesca e da Acuicultura (Eumofa),
especializado na análise de mercados, e o propio Cetmar, fundación galega
recoñecida pola súa experiencia en investigación aplicada e cooperación
internacional no ámbito mariño.
Durante dúas xornadas analizáronse diferentes
enfoques metodolóxicos, desde o modelo “agregado” ata un enfoque “mixto” que
permite desagregar o consumo por especies clave como salmón, xurelo, mexillón
ou pescada. A revisión tamén abordou aspectos como a actualización dos factores
de conversión, o tratamento de datos incompletos ou a pertinencia de incorporar
existencias dun ano a outro.
No marco destas sesións, Jose Luis Santiago
achegou a experiencia de Cetmar na construción de indicadores socioeconómicos e
na comparación internacional de datos, contribuíndo a un debate que permitirá a
Chile dispoñer de cifras máis sólidas e un modelo de cálculo replicable en
outros países.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal
- Original Comments






