ReMAP
ReMAP presenta en Finlandia dez novas ferramentas para
mellorar a ordenación mariña europea
- ReMap é un proxecto de tráfico mariño no que traballa a área de Socioeconomía da Pesca do CETMAR.
- O proxecto financiado polo FEMPA amosou os seus resultados en Helsinqui: ferramentas abertas e interoperables para unha xestión mariña máis sostible
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
O proxecto ReMAP,
dedicado a desenvolver ferramentas dixitais para reforzar a monitorización e
avaliación dos Plans de Ordenación Espacial Mariña (POEM), presentou os días 14
e 15 de outubro os dez módulos deseñados para especialistas en ordenación
mariña europea (OEM) durante o evento ReMAP Hands-on Conference no marco
do MSP Data Week en Helsinki (Finlandia).
Durante esa semana os desenvolvedores de ferramentas do proxecto ReMAP impartiron obradoiros nos que reuniron a máis de 90 participantes, cunha representación case plena de todos os Estados Membros, así como de autoridades intergobernamentais como HELCOM-VASAB ou PAP/RAC. Tamén estiveron presentes o Assistance Mechanism, o Grupo de Traballo da Rexión do Báltico (BSR WG) e o Grupo Técnico de Expertos en Datos para MSP (TEG).
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/20251014_Socioeconomia_Rem... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Despois de tres anos de traballo colaborativo, ReMAP presentou nestes obradoiros dez ferramentas dixitais deseñadas para apoiar a implementación da OEM en Europa. Estas ferramentas destacan por ser independentes, reutilizables, combinables, operativas e de acceso público. O obxectivo das sesións foi ensinar o seu uso mediante exercicios prácticos a diferentes escalas: local, rexional e transfronteiriza. Desde CETMAR levouse o testeo das ferramentas a nivel local ademáis de deseñárse dúas ferramentas: Socioeconomic tool e Gov-tool (en colaboración con Marta Ballesteros -IEO-CSIC). Neste vídeo, o coordinador da área explica a ferramenta socioeconómica:
Os asistentes puideron
probar as ferramentas, explorando a súa aplicabilidade en contextos reais e o
seu potencial para mellorar a xestión dos espazos mariños e dos seus recursos
nas distintas fases dos plans MSP. As ferramentas presentadas non só fortalecen
a capacidade operativa dos Estados Membros, tamén promoven unha visión
compartida cara a unha ordenación mariña máis sostible, coherente e resiliente.
Ademais das sesións técnicas, a conferencia promoveu o diálogo entre os participantes a través de dúas mesas redondas. A sesión do martes, liderada por Stefano Menegon (CNR-ISMAR), centrouse na creación de espazo para a innovación política. A sesión do mércores, facilitada por Marta Ballesteros (IEO-CSIC), buscou engadir valor ás políticas actuais e co-crear novas recomendacións. Nesta última Jose L. Santiago, coordinador da área de socieoconomía en CETMAR, participou como panelista apelando á necesidade de datos compartidos entre os Estados Membro.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/WhatsApp-Image-2025-10-16-... 1600w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Con esta última reunión,
REMAP pecha o seu ciclo, pero deixa abertas novas vías de colaboración e
aplicación práctica que seguirán alimentando o desenvolvemento de políticas
espaciais mariñas en Europa. Ademais, durante o obradoiro sobre Xemelgos
Dixitais do TEG, celebrado o xoves 16, destacouse o labor de ReMAP na recollida
de datos e información dos países membro e outros stakeholders. Así
mesmo, Massimo Zancanaro mencionou o traballo das geostories, coas que
se pode comprender mellor os datos ao seren procesados e presentados dun xeito
máis atractivo, algo no que ReMAP contribuíu ao recompilar a información das
súas ferramentas en forma de xeohistorias que, con mapas, gráficos e
textos, permiten mergullarse no mundo dos 10 módulos sen ter que ser un experto
técnico.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal
- Original Comments






