Foro Empresa Pontevedra
A directora do CETMAR participa no Foro Empresa Pontevedra para falar da xestión do litoral en Galicia
- Rosa Chapela, directora do CETMAR, presentou a Estratexia Galega de Economía Azul como guía para un mar sostible e competitivo. Destacou o seu encaixe coa nova Lei do Litoral e o impulso a sectores emerxentes.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Mesa-debate_1-300x199.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Mesa-debate_1-768x511.jpg 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Mesa-debate_1-900x600.jpg 900w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
O Liceo Casino de
Pontevedra acolleu hoxe a VI Xornada Triple Hélice. Foro Empresa Pontevedra, un
encontro organizado por Foro Empresa Pontevedra coa colaboración e o patrocinio
de Santander España, que reuniu representantes da administración, do sector empresarial
e do ámbito científico para analizar a nova Lei de ordenación e xestión
integrada do litoral de Galicia. A xornada, celebrada en formato
xantar-coloquio, centrouse nos retos e oportunidades do novo marco normativo,
aprobado pola Xunta de Galicia e recentemente avalado polo Tribunal
Constitucional, tras facerse efectivo o traspaso das competencias do litoral á
comunidade autónoma o pasado 1 de xullo.
Rosa Chapela, directora do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR
participou coa ponencia titulada “A Estratexia Galega de Economía Azul: un
novo marco para a economía do mar en Galicia”, na que destacou que a Estratexia Galega de Economía Azul (EGEA)
define o camiño de Galicia cara a 2030 dentro dun modelo de crecemento sostible
baseado no aproveitamento responsable dos recursos mariños e costeiros.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Panoramica-sala-300x199.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Panoramica-sala-768x511.jpg 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Panoramica-sala-900x600.jpg 900w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
A directora subliñou que a EGEA
se articula arredor de tres eixos —sostibilidade
ambiental, competitividade
económica e cohesión social e
territorial— e busca consolidar a Galicia como unha rexión europea líder en economía azul
sostible, apoiándose na súa experiencia pesqueira, no potencial
científico e tecnolóxico e na capacidade de cooperación entre administración,
sector e sociedade civil.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Rosa-Chapela-300x199.jpg 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Rosa-Chapela-768x511.jpg 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Rosa-Chapela-900x600.jpg 900w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
Entre as principais oportunidades que ofrece este marco, mencionou a descarbonización da frota, o impulso ás enerxías renovables mariñas e á biotecnoloxía, o turismo mariñeiro e costeiro, e a formación e o talento azul. A estratexia non deixa de lado actividades tradicionais como a pesca, o marisqueo e a acuicultura, que son consideradas esenciais tanto na EGEA como na Lei do Litoral e conta cun orzamento de 114 millóns de euros ata 2027, destinado a accións como o Observatorio da Economía Azul, programas de formación e proxectos de gobernanza participativa do litoral. Así mesmo, Chapela destacou a coherencia entre a Estratexia e a nova Lei do Litoral, que establece un marco de gobernanza para un desenvolvemento equilibrado do espazo costeiro, resolvendo conflitos de uso e fomentando a colaboración entre sectores tradicionais e emerxentes.
Rosa Chapela concluíu a súa
intervención expresando que a Estratexia Galega de Economía Azul representa “un compromiso de país que une tradición e
innovación para facer do mar un espazo de futuro sostible, competitivo e
inclusivo”.
https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Foto-familia-inicial-300x1... 300w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Foto-familia-inicial-768x5... 768w, https://cetmar.org/wp-content/uploads/2025/10/Foto-familia-inicial-900x6... 900w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal
- Original Comments






