1.500 persoas do interior de Galicia visitarán diferentes lonxas para coñecer o proceso de comercialización do peixe galego grazas ao programa "Mar Achega"
A Consellería do Mar repetirá o proxecto “Mar Achega”, tralo éxito acadado polo programa piloto desenvolvido en 2009. A iniciativa, segundo explicou hoxe o director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Carlos Maneiro, persegue “dar a coñecer a calidade dos produtos que desembarcan a diario nos portos galegos para potenciar o seu consumo”.
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal