O Parlamento galego apoia a iniciativa popular para levantar o veto a Astano
A iniciativa lexislativa popular a prol do levantamento do veto sobre o estaleiro de Navantia-Fene pasou onte con éxito a súa primeira votación no Parlamento galego. Os tres grupos políticos con representación no Hórreo votaron a favor de tomar en consideración este texto, que agora continuará coa súa tramitación parlamentaria, na que os grupos poderán presentar as modificacións que consideren oportunas
- Inicie sesión para enviar comentarios
- Artículo Orixinal