• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 589.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 589.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 135.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 135.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

A Confraría de Aguiño

O mar, en Aguiño, é o pasado e o presente de gran parte da súa poboación.
Desde a Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño traballamos para que este valioso recurso natural forme tamén parte do noso futuro.

A Confraría de Pescadores de Carreira - Aguiño, que data do ano 1924, é a entidade responsable da xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros desta localidade coruñesa, cuxa longa tradición e amplo patrimonio, dan testemuña da súa forte vinculación histórica co mar. 

A actividade pesqueira da Confraría desenvólvese nas augas que bañan esta parroquia mariñeira  e que constitúen un impresionante viveiro natural de peixes e mariscos. Un exemplo desta riqueza natural é o Arquipélago de Sálvora, encadrado en Aguiño, e que polas súas extraordinarias características biolóxicas forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Entre os numerosos produtos comercializados pola Confraría na lonxa, o percebe constitúe a especie estrela do porto de Aguiño convertendo a esta localidade nunha das máis importantes produtoras deste crustáceo do país, cunhas descargas anuais en torno ás 50 toneladas. De feito, cada ano no mes de Xullo, a Confraría de Pescadores organiza a xa tradicional Festa do Percebe de Aguiño, que permite aos visitantes achegarse ao produto e coñecer as súas características diferenciadoras e a elevada calidade do percebe de Aguiño. 

Ao longo de toda a súa historia a Confraría veu amosando a súa boa capacidade de xestión dos recursos e a súa preocupación pola explotación sustentable dos mesmos. Seguindo esta liña, a Confraría de Pescadores está a impulsar a creación dunha Reserva Mariña como medida para optimizar o control das capturas na zona, e favorecer así o axeitado desenvolvemento biolóxico da mesma. 

A procura de solucións ás necesidades existentes e a loita pola viabilidade do sector seguen a ser prioridades na labor diaria da Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.