• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 589.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 589.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 135.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 135.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/cofradiadeaguino.com/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 879.

A arraigada tradición pesqueira de Aguiño e a riqueza biolóxica das augas que bañan a súas costas fan que a meirande parte da súa poboación viva, directa ou indirectamente, da captura e comercialización de numerosos peixes e mariscos de extraordinaria calidade. Entre estes produtos do mar, sen dubida, a especie estrela é o percebe (Pollicipes pollicipes), popularmente coñecido como o “Rei do Marisco Galego”. A condicións de salinidade e temperatura das augas, a bravura do Atlántico e o escarpado litoral rochoso de Aguiño constitúen un hábitat ideal para o crecemento destes crustáceos.

A extraordinaria calidade do percebe desta localidade e a súa importante repercusión na economía local levaron á Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño a organizar cada ano a xa tradicional FESTA DO PERCEBE. Esta festa, que celebrou a súa 1ª edición no ano 1997, naceu co propósito de dar a coñecer, e por en valor, o percebe desta zona como un produto de primeira calidade. Ademais, con esta celebración preténdese valorizar a arriscada actividade dos percebeiros de Aguiño que, pelexando contra as ondas e sorteando as esvaradías rochas, poñen en perigo a súa vida na captura de este afamado produto.

Tras numerosas e exitosas edicións, e cunha crecente asistencia de público, a FESTA DO PERCEBE de Aguiño converteuse, a día de hoxe, nunha das citas ineludibles da axenda gastronómica da Comunidade de Galicia, na que os percebeiros suman os seus esforzos para dar a coñecer e degustar este produto a sociedade, cuxa fama de calidade traspasa as nosas fronteiras.

A exaltación deste saboroso e mitificado crustáceo lévase a cabo no peirao da vila no último Domingo do mes de Xullo. Baixo unha gran carpa, nun ambiente festivo e acompañados de grupos rexionais que amenizan co seu folclore, os asistentes poden degustar unha exquisita ración de percebes acompañada duns sorbos dun bo albariño ou ribeiro da terra.

Desde a Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño convidámosvos a visitarnos e coñecer este evento gastronómico, e a disfrutar así dunha inesquecible xornada nesta acolledora vila mariñeira.

A Festa do Percebe en imaxes >>