Produtos
Aínda que o percebe é o produto estrela da lonxa, nas capturas da Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño inclúense diversas especies de crustáceos, moluscos e tamén equinodermos.
Desde esta sección, invitámoslle a coñecer os produtos de primeira calidade que comercializamos a través da lonxa de Aguiño e que son etiquetados baixo a denominación "pescadeRías", o que avala a súa orixe e calidade.
Esta marca, propiedade da Xunta de Galicia, garante que o produto é de orixe galega, que procede da pesca artesanal, que cumpre uns estándares de calidade, e que o tempo de desembarco dende a captura foi inferior ás 24 horas.
Para obter máis información sobre os noso produtos non dubide en contactar con nos.
* pendente do etiquetado.
Interior da Lonxa de Aguiño